ELIGE IDIOMA

jueves, 24 de mayo de 2012

BURELA ACOLLERÁ O 26 DE MAIO UN ENCONTRO SOBRE EMPRENDEMENTO E CREATIVIDADE XUVENIL NOS SECTORES AGRARIO E PESQUEIRO

  • Trátase dunha xornada, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como título “Terra e mar, fonte de emprendemento xuvenil”

  • Os interesados en participar xa poden inscribirse na páxina web http://xuventude.xunta.es

  • Esta actividade é un dos nove actos que forman parte do programa “Conecta”, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que xa se teñen celebrado en Santiago, Vila de Cruces e Ferrol


  • Burela acollerá o próximo 26 de maio un encontro sobre emprendemento e creatividade xuvenil centrado nos sectores agrario e pesqueiro. Trátase dunha xornada, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como título “Terra e mar, fonte de emprendemento xuvenil”.
    Os interesados en participar nesta actividade xa poden inscribirse na páxina web http://xuventude.xunta.es. Os asistentes poderán compartir experiencias sobre como emprender, cal é o futuro do sector primario, nichos de emprego en tempos de crise ou cal é o camiño cara o éxito profesional.
    Para conseguilo, os participantes terán a ocasión de coñecer a visión de expertos e profesionais dos sectores a través de ponencias, que se complementarán con outras actividades paralelas como obradoiros ou mostras de talento xuvenil.
    Esta actividade é un dos nove actos que forman parte do programa “Conecta”, que xa recalou nos concellos de Santiago de Compostela, Vila de Cruces e Ferrol.
    Esta iniciativa enmárcase no proxecto transfronteirizo “Emprende” e conta coa participación e colaboración de diferentes entidades, tanto galegas como portuguesas.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario