ELIGE IDIOMA

lunes, 28 de mayo de 2012

XXV Certame Mozos Investigadores 2012

XXV Certame Mozos Investigadores 2012
PDFImprimir
 
jovenesinvestigadores2012O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXV Certame "Mozos Investigadores" para 2012.
A finalidade desta convocatoria é espertar vocacións investigadoras entre os novos estudantes de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional e membros de distintas asociacións xuvenís.
Requisitos:Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de 3 persoas, os mozos de nacionalidade española e todos aqueles cidadáns legalmente establecidos en España, que a data 1 de setembro de 2012 cumprisen, os 15 anos e que o 30 de setembro de 2012 non cumprisen os 21 anos.
En calquera caso, os traballos terán que ter sido realizados antes de que os seus autores ingresen na Universidade, durante a realización dos estudos previos a esta.
As persoas que desexen tomar parte neste Certame deberán cubrir o formulario do «Boletín de Inscrición do Traballo» de forma telemática, a través da páxina www.injuve.es, tanto polos mozos investigadores coma polos seus coordinadores.
Convócanse os seguintes premios:a) Un premio Mención Especial do Xurado, de 6.000 €.
b) Ata un máximo de cinco primeiros premios, de 5.000 € cada un. Estes cinco premios están destinados a premiar «os mellores traballos das áreas de «Artes e Humanidades», «Ciencias Sociais e Xurídicas», «Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas», «Ciencias da Terra e da Vida» e «Tecnoloxía e Enxeñaría».
c) Un premio especial Bicentenario da Constitución de 1812, de 5.000 €, para conmemorar a celebración durante o 2012 do bicentenario da Constitución de 1812, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coas Ciencias Sociais, a Historia e disciplinas afíns.
d) Un premio especial Alfred Wegener, de 5.000 €, para conmemorar a celebración durante o 2012 do primeiro centenario da teoría da deriva continental postulada por Alfred Wegener en 1912, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coas Ciencias da Terra.
e) Un premio especial Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, de 5.000 €, para conmemorar a declaración pola Asemblea Xeral da ONU do ano 2012 como Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física, a Tecnoloxía e a Enxeñaría.
f) Un premio especial Universidade Politécnica de Madrid, de 5.000 €, dotado pola Universidade Politécnica de Madrid, ao mellor traballo de investigación realizado nas áreas de Enxeñaría e Tecnoloxía.
g) Ata un máximo de 8 segundos premios, de 3.000 € cada un. Destes oito premios, cinco están destinados a premiar «os mellores traballos das áreas de «Artes e Humanidades», «Ciencias Sociais e Xurídicas», «Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas», «Ciencias da Terra e da Vida» e «Tecnoloxía e Enxeñaría», sempre e cando haxa traballos desas áreas. Os outros tres poderán concederse a traballos de calquera das restantes áreas.
h) Un premio especial Universidad de Málaga, de 3.000 €, dotado pola Universidade de Málaga.
i) Un premio especial Alan Turing, de 3.000 €, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñaría Informática de España para conmemorar a celebración durante 2012 do Ano da Informática no centenario do nacemento de Alan Turing, pioneiro da Computación e da Informática, destinado a un traballo destacado na área da Informática e disciplinas afíns.
j) Ata un máximo de dez terceiros premios, de 2.000,00 euros cada un. Destes dez premios, cinco están destinados a premiar «os mellores traballos das áreas de «Artes e Humanidades», «Ciencias Sociais e Xurídicas», «Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas», «Ciencias da Terra e da Vida» e «Tecnoloxía e Enxeñaría», sempre e cando haxa traballos desas áreas. Os outros cinco poderán concederse a traballos de calquera das restantes áreas.
k) Ata un máximo de dez accésits, de 1.000 € cada un. Destes accésits, cinco están destinados a premiar «traballos das áreas de «Artes e Humanidades», «Ciencias Sociais e Xurídicas», «Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas», «Ciencias da Terra e da Vida» e «Tecnoloxía e Enxeñaría», sempre e cando haxa traballos desas áreas. Os outros cinco poderán concederse a traballos de calquera das restantes áreas.
l) Ata un máximo de tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes na XXV edición do Certame Europeo de Mozos Investigadores que se celebrará en setembro do ano 2013.
m) Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estanza de dúas semanas de duración nos seus centros de investigación.
n) Ao finalizar a estanza, os beneficiarios destas deberán presentar unha memoria do traballo realizado, co visto e prace do responsable da investigación no Centro.
ñ) Un premio especial Real Sociedade Española de Física dotado pola Real Sociedade Española de Física e consistente nunha estanza de dúas semanas de duración nun laboratorio da Facultade de Físicas da Universidade Complutense de Madrid.
o) Un máximo de tres premios, de 3.000 € cada un, aos profesores coordinadores, cuxo labor fose apreciado como especialmente destacable.
p) Un premio especial de 6.000 € ao centro docente ou asociación cuxo labor fose apreciado como especialmente destacable en prol do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.
q) Unha Mención de Honra á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da xuventude.
O prazo para a presentación estará aberto ata o 11 de xuño de 2012.
Máis información no BOE do 22 de maio de 2012 e en www.injuve.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario