ELIGE IDIOMA

jueves, 28 de junio de 2012

II FEIRA DA TAPA "CANGAS SABE BEN" XA EMPEZOU

Dende hoxe ata o 8 de Xullo poderes desfrutar do tapeo en Cangas. Nesta edición hai 31 participantes e cada un presenta unha tapa para esta edición.
Dende a asociación Berobreo queremos continuar coa nosa labor de colaboración e apoio de todas aquelas iniciativas encamiñadas a dinamizar a comarca do Morrazo. Por isto decidimos dende o primer momento poñernos a disposición dos promotores da Feira da Tapa de Cangas para aportar noso granito de area a un evento que espera consolidarse como unha das iniciativas gastronómicas máis importantes da provincia.
Nosa intención foi dende un principio dotar de algo novo a esta nova edición. Algo que por un lado remarcara o carácter promocional do sector hosteleiro da zona así como que fora unha vía de participación diferente. Isto nos levou a deserolar este ano as denominadas ‘video recetas’. O que queremos con elas é que os distintos bares e restaurantes que participan nesta edición nos mostren unha da súas elaboradas tapas cos seus ingredientes, elaboración e  resultado final añadindo un video como apoio para aqueles atrevidos que queiran probar a facelo na casa.
De está maneira creemos que por un lado abrimos unha nova vía para acercar a gastronomía local a toda-las personas que nos visiten, no sólo durante a feira senón, incluso durante todo o periodo estival e por outro lado abrimos ós hosteleiros participantes  outra forma de publicitarse e darse a coñecer enriquecendo un poquiño máis esta nova edición.
Dende a nosa asociación queremos felicitar aos promotores desta iniciativa, ente eles Anselmo, organizador deste evento, por que creemos que son fundamentales para dinamizar un sector que está sufrindo dun modo especialmente dura a actual crisis económica. También quero aproveitar para animar a todos a acercarse a Cangas a participar nesta Feria da Tapa, por que é unha oportunidade única para aparcar por un momento a crise e desfrutar do mellor tapeo a un fantástico precio (1.50 €).

Neste link poderes seguir nestas duás semanas todas ás novidades, plano da feira, locáis participantes, fotos das tapas,..etc. Ata o 30 de Xuño as video recetas non estarán operativas.
Feira da Tapa.

1 comentario: